CUMPLIMOS 30 ANOS

Milladoiro cumple 30 anos e vaino celebrar dun xeito moi especial, ca xira Desde Maeloc..., que comeza o vindeiro 20 de novembro en Vigo. Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal acompañarán ao grupo nestes concertos.

Ensaio1 Ensaio2
Ensaio3 Ensaio4
Ensaiando no estudio con Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal

As entradas poden adquirirse xa no teléfono 902 504 500 e en internet na taquilla de Caixanova pinchando aquí.

Gustaríanos moito que nos contaras algo do que significou Milladoiro ata o día de hoxe. Unha anecdota, un concerto significativo nos teus recordos, un disco, un tema... será un placer coñecer as tuas experiencias co grupo. Escríbenos aquí e de seguido publicaremos as vosas mensaxes.

¡Cumplimos 30 anos xuntos e queremos celebralo contigo!

 

VIII PREMIOS OPINIÓN

O venres 9 de outubro, o diario A Opinión celebrou os seus Premios Opinión. Milladoiro foi galardoado polo seu disco A Quinta das Lágrimas. Ao tempo celebrouse unha homenaxe ao grupo co gallo do 30 aniversario. Oito formacions realizaron interpretacions libres de temas da banda.

Podes ve-la reportaxe aquí

 

REPORTAXE EN INTERFOLK

A revista especializada en música folk Interfolk adica no seu décimo aniversario unha reportaxe ao grupo

Podes le-la aquí

 

HOMENAXE A MILLADOIRO

O 25 de abril, a Real Academia Galega de Belas Artes, na súa sede da Praza do Pintor Sotomayor de A Coruña, rindiu homenaxe a Milladoiro con motivo da celebración este ano do seu trinta aniversario.

A institución "quere recoñecer deste xeito a traxectoria e o esforzo de Milladoiro ao longo destes anos na recuperación e reinterpretación da música galega, imprescindibles para poder comprender a súa evolución a finais do seculo XX e principios do XXI."

Homenaje
 

A QUINTA DAS LÁGRIMAS

Novo disco de Milladoiro disponible dende o 24 de novembro. Visita a sección Tenda para mercalo

Quinta