MISCELÁNEA
Celebration
Disco con The Chieftains celebrando os 20 anos do grupo irlandés. Gravado no teatro Gaity en Dublín, 1989.
Seville Suite
Composición de Bill Whellan conmemorativa da presencia de Irlanda na EXPO de Sevilla. Editado por Celtic Heartbeat no ano 1992. Participación de Milladoiro como artista invitado.
Heart of the Gaels
Editado por Green Linnet (1993). Contén a "Muiñeira de Chantada".
Solstice Live
Participación de Milladoiro no disco do Paul Winter Consort, gravado en directo na Catedral de St. John the Divine (Nova York). Living Music (1994).
Celtic Legacy
Recompilación de artistas de influencia celta editado por Narada en Xapón, 1995.
The Given Note
Disco de Lyam O'Flynn no que colabora o grupo. Editado por Tara Records, 1996.
The 20th Anniversary Collection
Disco de celebración do 20 aniversario da discográfica estadounidense Green Linnet. Inclúe o tema "A Farruquiña". Editado no ano 1996.
Peaceful Planet
Disco gravado con artistas de todo o mundo a prol da paz. Editado en Estados Unidos, 1997.
Naciones Celtas I
Disco recopilatorio de varios artistas editado por Fonomusic (1997). Inclúe un tema de Milladoiro.
Tú y Yo con los Mismos Derechos, contra la Xenofobia y el Racismo
Disco colectivo editado por Comisións Obreiras, 1997.
My Gentle Harp
Recompilación de temas de harpa do selo Celtophile (1999). Contén "Maneo da Ulla" e "Foliada de Padrenda".
Miniatures of the Millenium
Artistas de todo o mundo contribuian cun tema dun minuto. Editado por Narada en Xapón, 1997.
Aires da Terra
Escolma de temas dos discos de Milladoiro editados pola compañía SONY/CBS. Sony (1999).
Mosamam Kapire
Tema para a Marcha Internacional das Mulleres, con letra de Carmen Blanco e cantado por Pilocha, 2002.
The Gathering. Great Celtic Pipers
Recompilación de temas de diferentes artistas ca gaita como protagonista. Contén "Foliada de Berducido" e "Romance de Triacastela". Unha producción de ARC Music, 2002.
Bágoas Negras
Disco colectivo editado pola SGAE co asunto do Prestige como fondo, 2003.
A Traxedia do 'Prestige'
Música para o documental homónimo. Editado por SEO/Birdlife, 2003.
Mai Més: Nunca Máis
Participación no proxecto colectivo promovido pola Asociació de Cantautors i Intèrprets en Llengua Catalana, 2003.
As Voces do 'Prestige'
Música para o documental de Ángel Peláez. Premio Mestre Mateo. 2005.