Miguel Fernández

A música feita viaxe
Arrancamos. Son os anos da miña infancia e Milladoiro comparte rutas no coche dos meus pais con outros ilustres coma Fuxan os ventos, A Quenlla... aínda que sempre son eles os que máis horas e máis kilómetros acumulan acompañándonos. Pobo a pobo deixabamos atrás as paisaxes do outro lado da fiestra, paisaxes que non sei se eran máis fermosas adornadas por aqueles sons ou se eran elas as que provocaban que a música brilara con máis intensidade. Decántome por un empate, máis ben decántome por unha igualdade, por unha “absoluta identidade”. Milladoiro foi e sigue a ser capaz de captar e transmitir o noso entorno, a nosa realidade, a sensibilidade dunha tradición e dun pobo galego, sen que saber, se cadra, que a súa música sirve de guía, que nos educa facéndonos lembrar quenes fomos ó tempo que nos  mostra, tal e como se fora unha fiestra dun coche, cara onde vamos e para onde podemos ir.
Imaxes, sons, olores… a vida é un acopio de recordos que o noso patrimonio musical acentúa e que Milladoiro representa de maneira tan sobresaínte.
Gracias por estar nos meus recordos e por acompañarme na miña vida, na miña viaxe.