|
A VOSA EXPERIENCIA CO GRUPO |
| Xa está disponible o blog cas vosas anécdotas persoáis ao longo destes 30 anos do grupo Milladoiro. Podedes escribirnos aquí ou en Facebook.
|
|
|
FACEMOS 30 ANOS |
| Milladoiro cumpre 30 anos e vaino celebrar dun xeito moi especial, coa xira Desde Maeloc..., que comeza o vindeiro 20 de novembro en Vigo. Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal acompañarán ao grupo nestes concertos.
As entradas poden adquirirse xa no teléfono 902 504 500 e en internet na web de Caixanova clicando aquí. Gustaríanos moito que nos contases algo do que significou Milladoiro ata o día de hoxe. Unha anécdota, un concerto significativo nos teus recordos, un disco, un tema... será un pracer coñecer as túas experiencias co grupo. Escríbenos aquí ou en Facebook e de seguido publicaremos as vosas mensaxes neste blog. ¡Cumprimos 30 anos xuntos e queremos celebralo contigo!
|
|
|
VIII PREMIOS OPINIÓN |
| O venres 9 de outubro, o diario A Opinión celebrou os seus Premios Opinión. Milladoiro foi galardoado polo seu disco A Quinta das Lágrimas. Ao tempo celebrouse unha homenaxe ao grupo co gallo do 30 aniversario. Oito formacions realizaron interpretacions libres de temas da banda. Podes ve-la reportaxe aquí
|
|
|
REPORTAXE EN INTERFOLK |
| A revista especializada en música folk Interfolk adica no seu décimo aniversario unha reportaxe ao grupo Podes le-la aquí
|
|
|
HOMENAXE A MILLADOIRO |
| O 25 de abril, a Real Academia Galega de Belas Artes, na súa sede da Praza do Pintor Sotomayor da Coruña, rendeu homenaxe a Milladoiro con motivo da celebración este ano do seu trinta aniversario. A institución "quere recoñecer deste xeito a traxectoria e o esforzo de Milladoiro ao longo destes anos na recuperación e reinterpretación da música galega, imprescindibles para poder comprender a súa evolución a finais do século XX e principios do XXI."
|
|
|
A QUINTA DAS LÁGRIMAS |
| Novo disco de Milladoiro disponible dende o 24 de novembro. Visita a sección Tenda para mercalo |
![]() |
