|
“Coñecíamonos de
tempo atrás, algúns dos comezos da
década dos 70, outros de toda a
vida”
Galicia nas romerías, nas festas, nos
teatros... sempre en contacto cos vellos
gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os
Campaneiros, os irmáns Garceiras, os
Areeiras, os Rosales e un longo etcétera
foron colegas, mestres e compañeiros. Son
Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García
Rei que formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo
de música tradicional nacido á beira do Ulla,
en Catoira, quen deixaron un fermoso disco
que deron en titular “In
Memoriam”.
|
|
Doutra
banda estaban dous músicos que anos
a |
|
Coñeceron a
quen nese tempo botaba a andar o
cerne do futuro Grupo de Cámara da
Universidade de Compostela. Fondos
musicais de catedrais, arquivos de
música antiga eran o seu afán, e así
pasaron de cinco a seis coa chegada
de xosé
A.
No ano 2000, prodúcese o relevo no grupo de Rodrigo Romaní coas incorporacións do harpista e ocarinista Roi Casal e máis a do guitarrista Manú Conde. |
|
“Compartíamos e compartimos a paixón pola música e polo noso país; pero sendo conscientes de que o camiño, o emblemático camiño de Santiago, é vía de dúas direccións e de aí o noso nome. Os milladoiros que guiaban os pasos dos pelegríns que se achegaban a Galicia, permitíronos abrirnos ás moitas influencias que enriqueceron esta esquina de Europa. Somos e sentímonos de aquí na medida en que cremos coñecer e respectamos o mosaico temporoespacial rico e diverso en que vivimos. Non pretendemos proclamas coa música, tan só divertir e divertirnos con este tesouro que son as melodías que esta terra nos legou, froito de xeracións anónimas de músicos tradicionais. A nosa ilusión sería devolverlle o moito recibido en forma de música fermosa e viva que nos axude como país a manter un lugar de identificación colectivo que nos permita seguir existindo baixo o irremediable manto da aldea global. Así foi e segue sendo a nosa
pequena historia, a historia que
empezou no outono de 1978 e que dimos
a coñecer por vez primeira un 15 de
maio de 1979 no Auditorio dos
Salesianos de A Coruña.”
|
|
|

